A entidade provedora do servizo  coa que teña contratado, cuxo enderezo postal, a efectos de protección de datos  persoais, atópase na “Avenida  Camino de Santiago, 40, 28050 de Madrid“.
Da mesma maneira, poderá poñerse en contacto co Responsable de Protección de Datos, que é a persoa dedicada ao cumprimento desta normativa, no seguinte enderezo: protecciondatos@aqualia.es
  Tratamos os datos persoais que vostede nos  facilita para desenvolver e xestionar os servizos que ten contratados. 
Adicionalmente, tratamos os seus datos en caso de que nos teña dado o seu consentimento,
  A base legal para o tratamento dos seus datos é a  execución do contrato e prestación do servizo contratado por vostede. 
  Respecto ao resto de finalidades, están baseadas  no consentimento que se lle solicita, sen que en ningún caso a retirada deste  consentimento condicione a execución do contrato.
  Os seus datos persoais conservaranse  mentres dure a relación contractual e comercial, ou vostede solicite a súa  supresión. Unha vez finalizada a relación contractual, manteremos  os seus datos persoais bloqueados durante os  prazos de prescrición legal, unha vez transcorridos os mesmos, procederemos á  súa eliminación.
  Os seus  datos non son cedidos a ningún terceiro, a menos que esteamos obrigados por una  lei. 
  Acceso:  ten dereito a saber se estamos tratando os seus datos e, no seu caso, coñecer  que datos persoais da súa titularidade estamos a tratar.
  Rectificación: vostede ten dereito a rectificar aqueles datos persoais que non sexan exactos.
  Supresión: baixo determinadas circunstancias, poderá solicitar a supresión dos seus datos.
  Limitación  do tratamento: en determinadas circunstancias, vostede  terá dereito a solicitarnos a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo  caso informámoslle que unicamente os conservaremos para o exercicio ou defensa  de reclamacións.
  Portabilidade:  vostede terá dereito a recibir, en formato electrónico, os datos persoais que  nos teña facilitado e aqueles que se teñan xerado durante a relación  contractual, así como a transmitilos a outra entidade.
  Oposición:  en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación  particular, vostede terá dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos en  cuxo caso, deixariamos de tratalos agás por motivos lexítimos imperiosos, ou o  exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Poderá exercer os mencionados dereitos  mediante solicitude escrita coa referencia "Protección de Datos" e  fotocopia do DNI dirixida a “FOMENTO  DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, Departamento Gestión de Clientes y Protección de  Datos, Avenida del Camino de Santiago 40, 28050 de Madrid“ou cursando a súa petición cos mesmos  requisitos a través de protecciondatos@aqualia.es
Finalmente indicarlle que pode reclamar ante a autoridade de control.