ESCOLA DE NATACIÓN INFANTIL
O obxectivo da nosa escola non é o simple feito da supervivencia na auga, senón a adquisición dunhas habilidades acuáticas que permitirán ao neno ou nena, por unha banda, desenvolverse no medio acuático e, por outra, utilizar a natación como actividade á hora de adquirir hábitos de vida saudables no futuro.
E para lograr este obxectivo ofrecemos:
Profesionais preparados: O noso grupo de profesionais é capaz de atender todas as especialidades, con gran capacidade de resposta ante calquera situación, porque nos preocupamos de que estean formados na teoría e sobre todo na práctica.
Grupos reducidos: o ratio profesor/alumno é reducido para que a progresión metodolóxica poida ser o máis adaptada posible as individualidades.
Instalacións adecuadas: A instalación é parte fundamental da dinámica da nosa escola. A nosa instalación está perfectamente concibida para a aprendizaxe da natación e para o desenvolvemento de todo tipo de especialidades no medio acuático.
NIVEIS
PEIXE (ENTRE 4 E 6 ANOS)
Desenvolverse e gozar do medio acuático tanto na entrada ao vaso, na superficie e polo fondo(mergullo).
PEIXE I (INICIACIÓN)Esta etapa é a que traballamos os obxectivos da familiarización, a flotación con materiais, a respiración estática (soplidos) e dinámica sempre a través de xogos e de actividades lúdicas
PEIXE II (PERFECCIONAMENTO)
Respiración dinámica e empezamos as propulsións en superficie e polo fondo. Comezan a autonomía na flotación.
PEIXE III
A piscina vaso de ensino. Impulsións de brazos e/ou pernas máis eficientes, autonomía nos desprazamentos sen axuda de material de aprendizaxe.
BALEA (ENTRE 7 E 9 ANOS)
BALEA I
Familiarización, flotación con materiais, respiración estática e dinámica a través de actividades lúdicas. Exercicios segmentarios de aprendizaxe, diferenciación de movementos entre pernas e brazos.
BALEA II
Conseguimos dominar o tres estilos, xiros e zambullidas os xiros e as zambullidas de cabeza. Ademais, iniciamos a bolboreta.
QUENLLA (ENTRE 10 E 12 ANOS)
Coñecer e mellorar a técnica dos catro estilos, desenvolverse no medio acuático en calquera situación. Tamén iniciamos outros deportes acuáticos.
OTRAS ACTIVIDADES
MATRO: actividad acuática para embarazadas. Realizan ejercicios para mantenerse en forma respetando las limitaciones que puedan tener las futuras mamás en este período. GAL: MATRO: actividade acuática para embarazadas. Realizan exercicios para manterse en forma respectando as limitacións que poidan ter as futuras mamás neste período.
AQUATERA: o recuperación funcional. Son actividades de recuperación y mejora de lesiones dentro de la piscina para personas de todas las edades. GAL: AQUATERA: ou recuperación funcional. Son actividades de recuperación e mellora de lesións dentro da piscina para persoas de todas as idades.
AQUA: I, II o AQUATEC sería la escuela de natación para mayores de 18 años. El nivel I sería el nivel de iniciación, el II nivel Medio y AQUATEC perfeccionamiento. GAL: AQUA: I, II ou AQUATEC sería a escola de natación para maiores de 18 anos. O nivel I sería o nivel de iniciación, o II nivel Medio e AQUATEC perfeccionamento.